3.11.17

A VISITA DA BIÓLOGA

O luns 30, tivemos a grande sorte de recibir a visita de Laura, que é bióloga e amiga da profe Patri. Falounos dun montón de cousas sobre a vida no mar : as baleas, animais que brilan na ocuridade, cunchas, corais, esponxas de mar, algas, orellas de mar... e ademáis deixounos tocar as cousas que trouxo, pero para iso precisamos das gafas de científicos que ela mesma nos regalou, Moitísimas grazas por vir e colaborar coas profes de infantil!!!!!!

1 comentario:

  1. E eu tiven a gran sorte de vivir unha experiencia tan bonita coma esta! De ver o moito que saben as cativiña e cativiños de Malpica, e as boas profes que teñen. Asíque gracias a vós! Quedo encantada, e disposta a participar noutras aventuras biolóxicas :)

    ResponderEliminar