10.11.17

EXPERIMENTO CON DENSIDADES (6º E.I.)


Coa mestra Dora estivemos experimentando coas densidades, observando como unha mesma sustancia (azucre), engadida a auga en distintas proporcións fai que varíe a súa densidade. Collimos catro vasos de auga e a cada un deles botámoslle colorante para distinguilos e diferentes cantidades de azucre. Despois fumos botando os líquidos no vaso de tubo grande empezando polo que levaba máis azucre. Desta maneira non se mezcla e deposítanse en función da súa densidade, parecía maxia pero é ciencia. Para rematar empregamos distintas sustancias como o leite e o aceite para ver como reacionaban.




No hay comentarios:

Publicar un comentario