10.11.17

ZARPAMOS! (6º E.I.)


Está próximo que levemos anclas e zarpemos co noso crucero do porto de Malpica, por iso o primeiro que fixemos foi comprobar cales son as cousas imprescindibles que precisamos para navegar e grazas as todos os obxectos que aportáchedes das casas foi unha actividade moi enriquecedora. Miramos o mapa cunha carta de navegación (cal será a nosa ruta), a importancia dos chalecos e dos botes salvavidas, a utilidade da brúxula e tamén dos prismáticos.
Como o tema da brúxula pareceunos moi interesante estivemos aprendo a orientarnos a través do mapa do Bee-boot, buscábamos un país e despois indicábamos se tiñamos que ir cara o norte, sur, este ou oeste.


Finalmente hoxe decidimos cal será o noso primeiro destino e, por moito que insistí para ir descubrir América, eles queren ir o Polo Norte pero a volta faremos unha parada en Laponia. O que fixemos foi localizar no mapa mundi onde está o porto de Malpica e de ahí zarparemos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: brúxula.



No hay comentarios:

Publicar un comentario