31.3.17

MACEDONIA E BATIDO DE FROITAS (4º E.I.)


REGULACIÓN RESPIRATORIA (4º E.I.)

A etapa de E.I. apuntámonos o programa da fundación Meniños "Viaxa ao Reino das Emocións". E, esta semana, estivemos aprendendo a regulación emocional a través da actividade "Teño un globo na barriga", que consiste en observar e experimentar que cando respiramos a nosa barriga incha e desincha coma un globo. Así, tamén aprendimos a relaxarnos e tranquilizarnos baixando o noso ritmo respiratorio.


30.3.17

GRAVIDADE: XOGAMOS CON IMÁNS ( 6º EI )

Seguimos investigando sobre o espazo, así que nesta ocasión xogamos e experimentamos con imáns, para poder entender a gravidade. Descubrimos que os imáns atráense rápidamente, pero hai un lado que repele, e tamén que non se poden pegar en todas as superficies...buscamos na clase lugares onde os imáns podan pegarse... claro, NO METAL!!!!


EXCURSIÓN Á OLERÍA DE BUÑO

O mércores, 29 de abril, todo o ciclo de Educación Infantil fumos de excursión a Olería de Buño, unha visita moi interesante onde aprendimos como vivían anteriormente os alfareiros, onde facían o barro, onde o secaban (no fumadeiro), onde o cocían... e, finalmente, cada un de nos puido facer unha peza de barro que trouxemos para o cole e que remataremos na clase. Unha gran experiencia e moi cerquiña da casa! podedes ver as fotos das tres clases premendo no seguinte enlace: Infantil en Buño I e Infantil Buño II.




ESCULTURA: FACEMOS MARCIANOS ( 6º EI )

Estre trimestre traballamos as esculturas, así que fixemos uns marcianos en plastilina!!!


28.3.17

INVESTIGAMOS OS PLANETAS E A LÚA ( 6º EI )


Levamos unas semanas investigando os planetas e a Lúa.


Descubrimos una canción dos planetas que nos gusta moito!!!!





Ademais da información dos libros atopamos un vídeo que nos axudou moito na
nosa investigación sobre a LÚA!!
 


22.3.17

GORROS INVERNO (4º E.I.)

O venres rematamos as actividades de inverno, un pouco xustiños, pero a tempo; que esta semana xa empezou a primavera.
Facendo estes gorros practicamos a facer bolas de plastilina para logo aplastala e poñela no gorro tan chulo que coloreamos.


8.3.17

MULLER TRABALLADORA E TIC (5º E.I.)

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora facendo diferentes actividades e algunhas delas gustáronos moito porque estaban relacionada coas novas tecnoloxías. Por unha parte, estivemos xogando cos escornabots unindo cada muller traballadora do circo de Botero co seu utensilio que precisa para actuar. E, por outro lado, fumos investigar que pintara uns cadros que tiñamos no corredor, pensando que foran todos homes os que os pintaran. Que sorpresa levamos cando acercamos a tablet e aparecía a autora do cadro, sendo todas mulleres: Maruja Mallo, Menchu Lamas, Xulia Minguillón... Podedes ver todas as fotos destas actividades premendo no seguinte enlace: mulleres traballadoras




ANIVERSARIO DE ALEJO: ROSQUILLAS DE ENTROIDO ( 6º EI, 5 anos)


BOTERO E AS MULLERES TRABALLADORAS DO CIRCO (5º E.I.)

Esta semana estamos a conmemorar o Día da Muller Traballadora e seguindo a nosa temática do circo, estamos traballando as mulleres do circo que Botero pintou nos seus cadros. 
Primeiro fixemos un xogo onde tiñamos que unir cada muller que no cadro representábase co seu oficio, trapecista, equilibrista, acróbata, domadora... E, despois, fixemos un vídeo para explicarlle o resto dos nenos e nenas do centro como Botero reflexou o traballo destas mulleres traballadoras.


















BOTERO2 from Sandra on Vimeo.

3.3.17

EQUILIBRISTAS (5º E.I.)

Esta semana toucounos o traballo das equilibristas e para aprender todo o duro que hai que traballar baixamos entrenar o noso equilibrio. Tamén decorámoslle o paraugas a unhas equilibristas moi bonitas, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: equilibristas.